Emprego

O equipo de traballo de enxenio está integrado por persoas unidas por unha característica común: posúen mentalidade innovadora, creativa e entusiasta. Todas teñen experiencia en distintos campos, son flexíbeis, capaces de asumir responsabilidades, e están interesadas na tecnoloxía. Isto fai que o contorno de traballo sexa dinámico e atractivo.

Sempre tentamos mellorar profesional e persoalmente, por iso buscamos persoas que aporten experiencia e entusiasmo. Se o teu perfil inclúe estas características e a túa formación académica está relacionada coa enxeñaría ou o desenvolvemento de software, envíanos a túa carta de presentación e o teu currículo a calquera destes enderezos.

Enderezos de contacto: 

Enxenio S.L.
Estrada dos Baños de Arteixo
Edif. San Cristovo, Portal B, 2º Esq.
15008 A Coruña
España

contacto@enxenio.es

Oferta de traballo [20 Maio 2008]