Clientes

Os profesionais que integran enxenio desenvolveron os traballos que se describen a seguir:

Real Academia Galega

Real Academia Galega
enxenio colaborou co Laboratorio de Bases de Datos da Universidade da Coruña na dixitalización de fondos documentais da Real Academia Galega e na formación do seu persoal en xestión de documentos dixitais e diversas técnicas de enxeniería lingüística.

AELG

Asociación de Escritores en Lingua Galega
enxenio encárgase do aloxamento e mantemento da Web da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e do desenvolvemento do Centro de Documentación da AELG e da ferramenta de administración.

GeoPISTA

GeoPISTA
enxenio participou no desenvolvemento de diversos módulos do proxecto GeoPISTA en colaboración con COTESA.

Asociación Socio-Pedagóxica Galega

Asociación Socio-Pedagóxica Galega
enxenio desenvolveu o Portal Web da AS-PG e o xogo en Web Trivial.gz.

Branserigrafic

Bran Serigrafic
enxenio desenvolveu o Portal Web e a Tenda de Comercio Electrónico de Bran Serigrafic, unha empresa galega dedicada á serigrafía téxtil e ao regalo publicitario.

Poliantea

Biblioteca Digital Poliantea
enxenio participou xunto co Laboratorio de Bases de Datos da Universidade da Coruña no deseño e desenvolvemento das aplicacións para a xestión e publicación en web da Biblioteca Digital Poliantea.

Hinchables Galicia

Hinchables Galicia
enxenio desenvolveu a tenda de comercio electrónico de Hinchables Galicia.