enxenio é unha empresa de desenvolvemento de software que se apoia na investigación avanzada e na innovación tecnolóxica para construír con axilidade solucións que permitan a mellora dos sistemas de información dos nosos clientes.
enxenio nace no ano 2003 como Spin off da Universidade da Coruña (UDC) pola inquietude dun grupo de profesores/as e investigadores/as do Laboratorio de Bases de Datos (LBD) en achegar ás organizacións, tanto públicas como privadas, a súa experiencia e o seu coñecemento en metodoloxías e tecnoloxías de desenvolvemento de software. Actualmente está participada por profesionais e profesorado desta institución, moitos e moitas delas comezaron sendo alumnos/as da propia Universidade.
Desde os seus inicios enxenio mantén unha estreita colaboración co LBD, sendo a actividade de I+D+i un obxectivo común, no que a investigación do LBD se enmarca nun traballo máis teórico, e o de enxenio céntrase na investigación aplicada coa finalidade de conseguir desenvolvemento de software punteiro.
![]() |
![]() |
![]() |
| Educación 2.0 | Información Xeográfica | Contidos dixitais |