|
enxenio é unha empresa de informática vencellada á Universidade da Coruña, xa que foi creada, e está participada, por profesionais e profesorado desta institución, o que avala o rigor e a calidade técnica dos seus produtos. Cremos firmemente que a investigación avanzada e a innovación tecnolóxica, que guían a nosa actividade e a preparación dos nosos produtos, son a mellor garantía para os nosos clientes, que contarán así co software máis robusto e adaptado ás súas necesidades e, ademais, rigorosamente probado mediante os maiores controis de calidade. En enxenio temos un compromiso firme co desenvolvemento tecnolóxico das pemes e organizacións galegas, pois son o soporte económico da nosa comunidade e a base da nosa calidade de vida. Acreditamos que as novas tecnoloxías supoñen hoxe o investimento con maior potencial para a dinamización e incremento da competitividade empresarial, por iso enxenio pon ao dispor do empresariado produtos software punteiros e robustos, deseñados e implementados por un equipo de inmellorábel cualificación técnica, comprometido coa investigación e a innovación tecnolóxica. |
|
ENXENIO S.L.
Estrada dos Baños de Arteixo Edif. San Cristovo, Portal B, 2º Esq. 15008 A Coruña España Telf/Fax. +34 981 91 37 68 |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||